O próximo xoves día 26 de maio, ás 20.00 h no local social de Xeneral Pardiñas, D. Agustín Hernández manterá unha tertulia baixo o título “Da cidade que temos á cidade que queremos”.
Agustín Hernández Fernández de Rojas, nado en Madrid en 1961. Vive, dende 1992, na comarca de Santiago e, dende 1998, é veciño de Pontepedriña (Santiago de Compostela).
Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidade Politécnica de Madrid (Promoción 1986). Entre 1987 e 1992 traballou na empresa privada na execución de diversas infraestruturas portuarias, hidráulicas e de estradas nas provincias da Coruña e Pontevedra.
Entre 1992 e 1994 traballou na Xunta de Galicia como enxeñeiro en funcións facultativas.
Dende 1994 é funcionario do Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia.
Entre maio de 1998 e agosto de 2005 foi director xeral de Obras Públicas.
De agosto do 2005 ata xaneiro 2008 desempeñou diversos cargos directivos en empresas do sector da obra pública.
De xaneiro 2008 a marzo 2009 foi director de Infraestruturas na Deputación de Pontevedra.
Dende marzo de 2009 ata xuño de 2014, foi conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Deputado no Parlamento de Galicia nas lexislaturas 8ª e 9ª.
Alcalde de Santiago de xullo de 2014 a xuño de 2015.
Actualmente, é Deputado Provincial polo partido xudicial de Santiago, portavoz dos Grupos Provincial e Municipal do Partido Popular na Deputación da Coruña e no Concello de Santiago de Compostela respectivamente, Presidente Local do PP de Santiago de Compostela.