Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Aerotertulia con Sra. Dña. Maria Solar

El jueves, 12 de Abril a las 20:00h en el Local Social de General Pardiñas, se celebrará una tertulia con la Sra. Dña. María Solar como invitada y tratará sobre «A expedición Balmis. Os 22 nenos galegos que levaron a vacina da varíola a América»

María Solar (Santiago de
Compostela) é xornalista e escritora. Presentadora do magacín informativo “A
Revista Fin de Semana” da TVG e presentadora e directora do programa
especializado en libros da Radio Galega “Chamando á Terra”.

A súa formación abarca as ciencias e as letras. É licenciada en Bioloxía e en Xornalismo, e diplomada en Maxisterio. Conta tamén co título de Especialista en Información Ecolóxica e Ambiental.

Laboralmente
sempre se centrou na comunicación, principalmente en radio e televisión, aínda
que tamén colaborou en prensa e revistas. Ten unha longa traxectoria
profesional de máis de 20 anos na Televisión de Galicia e Radio Galega. Para
TVG presentou un gran número de espazos de todos os xéneros como o cultural Zigzag
Diario,
o científico Ciencianosa, o magacín En pé de festa, o
concurso Arrampla con todo, entre outros. Na Radio Galega destacan os
oito anos que dirixíu e presentou o magazine diario As tardes da Galega.

Na profesión
recibíu varios recoñecementos, entre eles, A Revista Fin de Semana
recibiu en 2018 Premio Mestre Mateo ao Mellor Programa de Televisión que
entrega a Academia Galega do Audiovisual, e que xa conseguira en 2012 e 2013 co
programa Zigzag Diario tamén da TVG. Nos anos 2018, 2017 e 2013
foi finalista a Mellor Comunicadora de TV; recibiu tamén o 2º premio Galicia
Innovación de Xornalismo de Investigación.

Como
escritora dirixiuse tanto ao público adulto como ao infantil e xuvenil. Recibiu
premios nacionais e internacionais como o premio Lazarillo de creación
literaria 2014, foi incluida dúas veces -en 2015 e 2016- na prestixiosa lista
White Ravens da biblioteca de Munich na que seleccionan anualmente os mellores
libros infantís do mundo, recibiu o premio ao mellor libro infantil-xuvenil na
I Gala do Libro Galego no 2015, ou o premio
Premio Frei Martin Sarmiento á mellor novela para adultos no 2016, entre outros
galardóns.

As súas obras están traducidas do galego ao castelán, catalán, polaco e
pronto en italiano, chinés e filipino.