Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Charla relativa ao acollemento familiar

O vindeiro xoves 31 de marzo, dentro dun convenio de colaboración entre o Real Aeroclub de Santiago e a Asociación Galega de Familias de Acollida, ACOUGO, terá lugar a charla CONTIGO FLORECE, XERANDO CULTURA DE ACOLLEMENTO, Coa intención de dar información e difusión sobre o sistema de protección de menores e concretamente, das familias de acollida, polo que vos animamos a asistir para informarvos sobre esta medida tan descoñecida.

Búscase achegarlle á sociedade a realidade das nenas, nenos e adolescentes en situación de desprotección e dar a coñecer o acollemento familiar. Non fai falta ter intención de acoller a un/unha menor para informarse sobre o que significa o acollemento. Tamén é necesario para convivir con acollemento, para saber formar parte dunha sociedade diversa, con diferentes maneiras de ser familia.

O descoñecemento fainos cometer erros e estes erros fan dano ó mais valioso que temos como sociedade, as nosas crianzas e as súas emocións. Seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19, polo cal resulta preciso anotarse previamente a través do teléfono de contacto da asociación 622 672 188, enviando un correo a info@acougo.gal ou cumprimentando o formulario de inscrición: https://forms.gle/8dtYE3Jj9SHczqgE6 .

Se non podes asistir, difunde, polo ben común.