Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

I Open de Tenis Xenera

Entre os días 13 e 22 de marzo celebrarase, nas instalacións da Cidade Deportiva de Ames o I Open de Tenis Xenera.

O torneo (con número de homologación 962) ofrece ata 16 categorías de xogo (8 masculinas e 8 femininas), divididas da seguinte forma:
• Benxamín
• Alevín
• Infantil
• Cadete
• Absoluto
• Veteranos +35
• Veteranos +50
• Veteranos +65

As inscricións pódense formalizar ata o día 10 de marzo a través da aplicación Ibertenis (www.ibertenis.com), e como sempre trataremos de adaptarnos ás peticións horarias d@s inscrit@s.

XENERA Compañía Eléctrica é o patrocinador deste I Open de Tenis, facendo posible a celebración deste torneo!

Ademais, XENERA ten a primeira tarifa de luz coa que é posible aforrar nas facturas e apoiar ao deporte galego ao mesmo tempo. É a Tarifa Balón.

Queres saber máis sobre esta tarifa? Chama ao teléfono gratuíto 900 600 116 ou visita xenera.com.